sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Dos maletíns ás apostas

NON había Liga de fútbol que non acabara con rumores sobre amaños de partidos, posiblemente non infundados nas máis das veces. Circulaban o que no argot se chamaban maletíns, suponse que cargados de billetes, para os corruptos que se deixaban gañar. Tamén por vencer, aínda que isto é ben distinto porque se supón que un profesional xoga para iso, aínda que non sexa legal percibir unha prima de fóra do club. É probable que sigan circulando cartos nos finais de competición, e non só en Primeira, pero onde parece que se moven máis é nas apostas, ese gran conglomerado mundial para a ludopatía, con tramas difíciles de demostrar pero que moven millóns de euros. Futbolistas, adestradores, directivos, todos os estratos están implicados neste último ou noutros casos de perversión no deporte, algúns dos cales colean desde hai anos a falta de resolución xudicial. Depravación desmedida de quen manexa soldos millonarios, pero ansía máis. Cheira a corrupción.

Dos maletíns ás apostas
Comentarios