viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Economía inclusiva fronte a hiperconsumo

O XESUÍTA Joan Carrera vén de asinar un monográfico de Cristianisme e Justícia no que avoga por superar a ideoloxía imperante do crecemento ilimitado. Porque cando xurdiu a crise global do 2008 parecía que se ía repensar o modelo, pero lonxe diso aplicáronse como solución as mesmas receitas que levaron á recesión. E aquí seguimos, como se non tivera pasado nada, como se o desequilibrio ocasionado non deixara unha maior desigualdade, como se tiveramos garantido que non volva suceder unha burbulla que estoure, igual que da outra vez, na faciana dos máis desfavorecidos, como se o sucedido fose un mal sono que non se vai repetir. O médico, teólogo e profesor é especialmente crítico co hiperconsumo, imprescindible para unha produción que mantén os pés de bulleiro e non facilita a confluencia de crecer con mellorar as condicións de vida. Este sistema maioritariamente aceptado volverá provocar un colapso se non se tende á economía inclusiva.

Economía inclusiva fronte a hiperconsumo
Comentarios