martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

Elección xudicial

Acabamos (e falo en primeira persoa do plural porque o vivimos como propio) de pasar por un proceso electoral en Estados Unidos que decidiu o presidente, pero tamén moitos outros cargos, incluídos xuíces. Porque neste país, sen parangón en Europa, os membros do poder xudicial teñen que someterse a sufraxio popular. E é lóxico, porque as súas interpretacións están influenciadas pola súa ideoloxía. Aquí tamén, pero teoricamente gozan de independencia dos partidos, por non estar afiliados, aínda que o goberno xudicial sexa determinado polo lexislativo e executivo. Independentes si, aínda que a fiscala xeral do Estado fora antes ministra e o conselleiro de Xustiza de Madrid ocupara un posto no Tribunal Constitucional, por poñer só dous exemplos de proximidade a partidos, dos que non admitirán directrices, pero non se abstraerán da súa doutrina. Idolátrase aquí a independencia dos poderes, política si, pero non do seu ideario, porque todos o teñen.

Elección xudicial
Comentarios