Opinión

As eleccións seica as carga o diaño

CAMIÑAMOS cara o 10-N en campaña permanente por máis que oficialmente só sexa unha semana. Levamos nela desde abril, cando a atomización política deixou nas eleccións un escenario que o PSOE, a quen lle correspondía como partido máis votado, non foi quen de desbloquear. Valéranlle antes uns compañeiros de moción de censura que levaron a Pedro Sánchez á Moncloa pero non lle serviron despois de alternado co PP como primeiro partido parlamentario. E as enquisas non aventuran un panorama moi distinto, con máis deputados socialistas e populares como recuperación do antigo bipartidismo aínda que sen chegar a tanto, e menos dos outrora emerxentes Cs, UP e Vox. Pero como xa teñen dito por esquerda e dereita, as eleccións cárgaas o diaño (en Andalucía ningunha empresa demoscópica aventurou a caída de Díaz), e o que hoxe amosan os sondeos mudan mañá en desgustos para algúns e ledicia desbordada para outros.

Comentarios