martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

Un elo entre o eixo francoalemán

VOLVE FUNCIONAR o eixo francoalemán na Unión Europea. Os dous países máis poderosos do club comunitario —Gran Bretaña á parte, que se autoexclúe— é lóxico que acaparen poder cando teñen sintonía, e así unha representante xermana ocupará a presidencia da Comisión e unha gala levará o temón do Banco Central, os dous principais cargos.

E aínda que se considerou un fracaso para España que non se validara o seu candidato para o máis elevado rango da UE (o holandés Timmermans), a nova responsabilidade de Borrell ao fronte da diplomacia é un amparo para o Goberno socialista, que amosou un protagonismo inusitado nas negociacións, se ben cedeu ante o empuxe da familia conservadora, que a pesar da redución das súas forzas non soltou o mando comunitario.

Ao fin, a política deu os seus froitos e houbo acordo a pesar das posicións antagónicas de partida. En España deberían tomar nota, pois as posturas inmobilistas ningún avance aportan.

Un elo entre o eixo francoalemán
Comentarios