viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Escasos elementos de unión

FESTA PARA  uns e reivindicación para outros, pero de celebración para todos no día de Galicia (cualificado así por moitos), da Patria (menos) ou Nacional (oficial). Porque nin no nome nos poñemos de acordo, nin no da festividade nin no da comunidade-nacionalidade: Galicia-Galiza. Ata nin unha figura asumida por todos ata agora como referente se salva do vituperio. Ningún partido se puido apoderar do legado de Castelao, aínda que case todos o intentaron, e chega Vox e pretende contaminalo. Ata este mes o debuxante e político rianxeiro era de todos os galegos, xa nin iso, aínda que o ataque veña dun partido sen representación no Parlamento autonómico pero con case 115.000 votos nas últimas xerais. Por esta escasa querenza ao propio, minguamos como pobo, e non só en número. Diversidade, por suposto, pero debería haber cousas de unión incuestionable que fortalecesen como colectivo, pero apenas hai sen contestación.

Escasos elementos de unión