lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Esceneficacións no hemiciclo

SOE HABER discusións entre partidos pola ubicación dos deputados no Congreso cada inicio de lexislatura, pero nesta décima terceira xa empezou polos asentos na sesión constitutiva, e todo porque os representantes de Vox se colocaron xusto detrás do Goberno, como buscando a imaxe alegórica á sombra do Executivo, quizais querendo aparecer como principal oposición a pesar de ser o quinto grupo. Para colocarse nesa bancada madrugaron, tanto que cando empezou a xornada xa levaban sentados case tres horas, e alí seguiron toda a mañá, sen saudar a penas aínda que non coñecían a case ningún dos que serán compañeiros de hemiciclo durante catro anos. Quizais como sospeitan que os independentistas presos non pasarán tanto tempo na cámara, ao mellor só días, non se produciu apertón de mans cos soberanistas, de fórmulas estridentes para prometer os cargos. Son escenificacións teatrais de campaña permanente nun magno escenario.

Esceneficacións no hemiciclo
Comentarios