Opinión

Especulación sobre adianto electoral

DESDE QUE prosperou a moción de censura de Sánchez a sombra dun adianto electoral planea sobre España. Ata agora foi auspiciada por PP e Ciudadanos, no seu papel deslexitimador do poder socialista, igual de legal có anterior popular, pero desacreditado por ser o segundo partido máis votado. Non opinaba o mesmo Cs cando apoiou a Sánchez nun pacto de Goberno que non prosperou por non contar con Podemos cando Sánchez estaba no Parlamento nunha situación idéntica á actual. O adianto xa é contemplado polo PSOE, que fará o posible para ter unha prórroga dun ano para asentarse no poder, sabedor de que os independentistas cataláns están máis cómodos que cun goberno conservador, aínda que iso non é garantía suficiente. Pero aínda que o diga coa boca grande, o PP prefire agardar e fortalecerse, se é posible, antes de afrontar unhas xerais. Mentres, chegan as andaluzas como primarias. Despois volverán as especulacións.

Comentarios