sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

Excepcións á responsabilidade

SANCIONADOS trinta botellóns en Madrid o primeiro día da fase 0. Miles de mozos saltáronse as normas. Iso na cidade con maior incidencia do virus en España. En mes e medio de estado de alarma cumprimentáronse 750.000 multas e procedeuse a preto de 7.000 detencións. Son excepcións, aínda que elevadas, dun país de 47 millóns de persoas ao que en materia de responsabilidade e conciencia non lle poden dar leccións, segundo incidiu o ministro Illa a unha malintencionada pregunta dun xornalista neerlandés. Porque o confinamento en España foi dos máis radicais, e aceptouse como única solución para frear o contaxio e evitar o colapso da sanidade. En todas as sociedades existen transgresores, con ou sen pandemia. Se todos cumpriran a lei sobrarían as forzas de seguridade, nas que tamén hai infractores, como quen pretendía multar un deputado que volvía á casa do traballo ou quen denigrou un transexual. Son anomalías dentro dunha orde.

Excepcións á responsabilidade
Comentarios