Opinión

Ficción posible

QUEN PODE quedar primeiro e ter un aumento de ata medio cento de deputados no grupo parlamentario non tería garantido o goberno. Sería un escenario no que os contrarios a Pedro Sánchez dificilmente terían forzas para intentar derribalo; resultaría ilóxico cunha subida considerable en actas e votos aínda que non consiga manterse á fronte do Executivo. E se nos guiamos das enquisas, na outra parte quen pode deixarse un lote similar de representantes polo camiño desde 2016 ten posibilidades de gobernar coa suma dos outros partidos da dereita estatal. Entón, os militantes que están co machado agardando a Pablo Casado desde que chegou á presidencia e se iniciou o proceso de elaboración de candidaturas para cernarlle a cadeira teríano imposible se se converte no inquilino da Moncloa, aínda que sexa nunha posición de febleza no arco parlamentario. Pírrica vitoria e doce derrota dirían. Pero iso decidirase o 28-A. Isto non é máis que política ficción.

Comentarios