lunes. 06.07.2020 |
El tiempo
lunes. 06.07.2020
El tiempo

Foxen do ateneo para liarse no lameiro

HOXE IGUAL que hai un século "españolito que vienes/al mundo te guarde Dios/una de las dos España/ha de helarte el corazón", porque a España dividida en dúas mitades que sufriu Antonio Machado mantense logo dunhas décadas de aceptación respectiva por cada parte. Agora os que defenden a España uniforme e os que amparan a diversidade lánzanlle a súa parte ao outro, e incluso utilizan o cabodano do poeta sevillano morto no exilio ao pouco de rematar a Guerra Civil como arma política. O PP reivindica o máis novo vate da Xeración do 98 pola "marabillosa lingua que compartimos", sen máis referencias que a idiomática; ao que o PSOE recrimina a "falta de respecto ás vítimas da ditadura" por recordar un autor que sufriu a Franco, ao que hai partidos que non queren exhumar, remachan os socialistas. Volvemos oitenta anos atrás coas mesmas liortas, para as que calquera escusa é válida. Móvense os partidos mellor no lameiro que no ateneo.

Foxen do ateneo para liarse no lameiro
Comentarios