viernes. 23.10.2020 |
El tiempo
viernes. 23.10.2020
El tiempo

Gañou Feijóo, perdeu Casado

Interpretáronse as eleccións galegas e vascas como un envorcón para Iglesias (e si) e un toque de atención para  Sánchez (tamén), por máis que os resultados dunhas autonómicas nunca se poidan extrapolar aos dunhas xerais. Pero se de fracaso se fala aí entra como damnificado Casado, porque o triunfo de Feijóo do que se quere apropiar é unha derrota súa e a estratexia de liña dura coa recuperación de Iturgaiz en Euskadi fronte ao defenestramento da moderada de Alonso reflicte un descalabro. Feijóo non aceptou a coalición con Ciudadanos e deixouno fóra do Parlamento. No entanto, Casado facilitou un acordo que lle permitiu ao partido de Arrimadas entrar no Eusko Legebiltzarra con un deputado, por catro populares desde os nove anteriores. Feijóo freou a Vox desde a moderación e porén o discurso de Casado non evitou a entrada da extrema dereita no Parlamento vasco. Así ábrenselle as portas ao presidente galego en Génova, 13, para desgraza de Casado.

Gañou Feijóo, perdeu Casado