Opinión

Ignorancia aleccionadora

NESTA pandemia increméntase o efecto Dunning-Kruger, ese polo que os incompetentes non só se senten superiores a outros moito máis preparados, senón que incluso o exteriorizan nese soporte de rexouba no que se converteron as redes sociais. Vemos así que miles de cidadáns de limitados coñecementos técnicos rebaten sen rubor a individuos altamente capacitados e aleccionan de como se debeu actuar, onde e cando, para que neste país non se chegara a producir nin un falecido por coronavirus. Dunning e Kruger alcanzaron a conclusión tras anos de estudo de que a sobrevaloración que o incapaz fai de si mesmo nace da mala interpretación da súa aptitude. Subestimamos os máis expertos e, inconscientes, consideramos que podemos sinxelamente solucionar o mundo. Sabemos de todo, somos na mesma persoa epidemiólogos, economistas, farmacéuticos e uns cantos expertos máis que ás veces criticamos algo e o contrario. En fin.

Comentarios