jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Inimigos internos

NUNCA máis en vigor estivo o aserto de Churchill de que os rivais están en fronte e os inimigos detrás para referirse a que o perigo para un político se atopa nas propias ringleiras máis que nas dos outros partidos. O PSOE lucense foi hai catro anos paradigmático do inimigo interior que acarreou un bochornoso espectáculo en todo o mandato. E no proceso actual para a elección de representantes por circunscricións xudiciais para logo proclamar presidente da Deputación vai polo mesmo camiño cainita nunha loita pola supervivencia dalgúns e ansias de poder doutros. E todo espindo as intimidades partidarias en vez de protexelas para evitar o escarnio público no que está caendo. Hai nas formacións políticas militantes, incluso dirixentes, que asumen a xerarquía (os máis) e outros que optan por romper a disciplina, aínda a risco de descalabrarse. Dar batalla a pesar de ter todas as de perder, pois non todos teñen a capacidade resiliente de Pedro Sánchez.

Inimigos internos
Comentarios