sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Interesa máis Venezuela que o sector agrario

ESPAÑA parece estar obsesionada con Venezuela, como se seguira sendo unha colonia e formara parte da política interior. Debido a este interese partidista, debátese máis sobre este país suramericano no Congreso e trasládase aos medios máis que, por exemplo, Galicia, que apenas forma parte da axenda estatal, e miren que habería que resolver asuntos aquí.

Pero o tema principal é Venezuela, á parte de Cataluña, agora centrado en se unha vicepresidenta pisou ou non territorio español, porque no seu Goberno hai membros que desde 2017 non poden entrar na Unión Europea como castigo a Maduro (curiosamente outros si, porque debe depender do grao de maldade dun ránking elaborado en Bruxelas).

Tan importante é o argumento venezolano que nunha sesión no Congreso tratáronse seis preguntas sobre o país e o hemiciclo estaba cheo, pero a continuación debatíase sobre o sector agrario e produciuse unha desbandada xeral. É cuestión de preferencias.

Interesa máis Venezuela que o sector agrario
Comentarios