martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

Liberdade limitada

A LIBERDADE ten as súas limitacións, porque as normas institucionais sitúan fronteiras. A liberdade negativa vaise acoutando coa carga lexislativa dos estados. Deixan campos abertos, pero outros están ben encadrados. Por iso é ficticio apelar á liberdade para defender unha educación persoal, incluído o pin parental, que evitaría a un alumno participar en segundo qué actividade obrigatoria.

Os estudantes teñen que seguir as materias curriculares, aínda que ás familias non lles gusten algunhas. Un pai non pode argumentar en base á súa liberdade que o seu fillo non acudirá, por exemplo, á clase de Inglés porque non lle interesa e pola contra prefire ter unha de chinés, porque o ve máis útil. Como outro podería prescindir de Matemáticas porque só lle interesan as materias de letras. Non é unha elección, como se fose unha actividade extraescolar. No sistema público a liberdade educativa ten uns marcos claros, e algúns queren traspasalos.

Liberdade limitada
Comentarios