jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Literatura propagandística

SORPRENDE Pedro Sánchez cunha volta de parafuso á propaganda ao publicar un libro autobiográfico para maior vangloria e axustar contas co PP, con Ciudadanos e cos críticos do seu propio partido. E de paso utilizar o xefe do Estado para promocionarse como salvador institucional cando as eleccións xerais bloquearon o país, nunha decisión que ninguén antes se atrevera a tomar, a de dar a coñecer as conversas con el. Certo que non terían por que ser secretas as discusións ou acordos dos dous máis altos representantes do Estado, pero unha norma non escrita mantén que o falado co Rei non se desvela. O primeiro libro dun presidente do Goberno en exercicio coincide en precampaña (por purismo non lle restaremos o prefixo) para unhas eleccións nas que uns poucos miles de votos en cada circunscrición serán determinantes para a formación de Goberno. Resistente, autodefínese; supervivinte, dinlle, e manexador dos resortes propagandísticos, tamén.

Literatura propagandística
Comentarios