sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

Loita interna exteriorizada

O PSOE consagra sen oposición interna a democratización das grandes decisións do partido, que será máis dependente das bases e moito máis difícil de controlar desde as baronías territoriais. Máis ou menos así se interpretaba hai case tres anos o novo modelo orgánico socialista; pero o que servía para minimizar os críticos era insuficiente para que non alzaran a voz de cando en vez contra o liderado sanchista.

Este é un deses momentos nos que os perdedores das primarias e do congreso posterior amosan o seu descontento coa liña maioritaria ao exteriorizar un antagonismo que torpedea unha formación política case sempre dividida. Aínda que agora é menos lesiva por non haber eleccións no horizonte, dá argumentos a uns rivais irritados pola recomposición arredor do presidente do heteroxéneo bloque da moción de censura que cos orzamentos lle garante a lexislatura, cando a oposición fiaba o curso a que fose dun ano en vez de catro. 

Loita interna exteriorizada
Comentarios