sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Mentiras para adular a clientela

O POLÍTICO que se prece coñece o principio de orquestración inventado por Goebbels como método de propaganda para que así unha mentira suficientemente repetida acabe por converterse en certa. Aínda que a Casa Real recoñeceu o erro de protocolo na recepción do 12-o, o PP insiste en que foi de Pedro Sánchez.

Trátase dun asunto intranscendente, pero todo vale na oposición inaceptada. pretende tamén o novo líder popular na súa teima ultranacionalista facer crer que a hispanidade foi o fito máis importante do planeta, arenga patriótica comparable a outra falsidade que o seu antecesor ao fronte do PP repetiu coa retorcida pretensión de convertela en verdade, que España é a "nación máis antiga de Europa", frase que contén dous erros, pois nación é Estado non son sinónimos, como el pretende, nin como administración é a máis vella do continente (Francia, Inglaterra, Islandia...). Mentiras para afagar o auditorio.
 

Mentiras para adular a clientela
Comentarios