viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Os mesmos feitos, relatos enfrontados

REMATOU o xuízo do procés. Catro meses despois do seu inicio acusadores e defensas elevaron, coas mesmas probas, conclusións contrapostas, uns que se produciu rebelión contra a orde establecida e outros que só se tratou dunha desobediencia civil; uns, que a gravidade do acontecido ten que levar aparellado lustros de condena para os acusados, e outros, que deben ser absoltos. Esta diverxencia débese ao relato que cada parte fai dos acontecementos, que curiosamente non se discuten. Pero dos vídeos vistos uns entenden que se produce un golpe de Estado con violencia e a outra parte só aprecia un exercicio de liberdade de expresión pacífica. Ata despois do verán non se coñecerá a sentenza, que os xuíces redactarán seguindo o seu criterio interpretativo duns feitos practicamente retransmitidos en directo e os que non, gravados para despois ser pasados durante a vista, polo que quen quixo puido velos, pero os feitos son secundarios, importa o relato.

Os mesmos feitos, relatos enfrontados
Comentarios