jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

O nacionalismo banal marca a axenda

A saber os resultados que colleita o 28-A, porque as enquisas só reflicten un estado de ánimo que non sempre se plasma nas urnas, pero algo está claro, Vox marca a axenda política, e non só dos partidos máis cercanos no seu caladoiro electoral, senón en todos; nuns máis ca noutros, claro. Pero sempre, en vez de obvialo, prodúcese unha reacción a cada proposta do partido ultranacionalista, por moi disparatada que sexa, e sonas case todas; como se ningún outro fose capaz de capitanear a precampaña. E encauza estes días practicamente só con propostas baseadas na marca de españolidade, nun nacionalismo banal, como ilustra o sociólogo Michael Billig para referirse a símbolos, actitudes, rutinas e crenzas compartidas sen contestación por un colectivo que se sinte integrado nunha comunidade con identidade propia, un nacionalismo estatal que non se discute fronte a outro, periférico e, polo tanto, perverso. Simple, pero efectivo para chegar ás conciencias.

O nacionalismo banal marca a axenda
Comentarios