miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

Nacionalismo para tapar a insatisfacción

UNS OFRECEN máis nacionalismo como solución cando o problema é a democracia. Outros organizan xuras de bandeira se supón que como demostración de ser "mucho españoles", como diría Rajoy, en vez de mellorar a calidade institucional. Ou colocan estandartes nas ventás para amosar non se sabe ben que, como se só eles fosen españois e os demais non, ou volvemos ao de "muy españoles" de Rajoy, como se houbera índices de españolidade. Atacan os nacionalismos periféricos coa mesma intensidade que ofrecen nacionalismo centralista de distintivos que outrora acapararon os dunha parte en vez de solucionar as eivas democráticas que arrastramos, porque somos o cuarto país europeo máis insatisfeito, só por detrás de Eslovaquia, Romanía e Grecia. O 62% dos españois está descontento coa democracia. Dío o último Eurobarómetro. Iso é o problema, que parecen querer tapar con bandeiras.

Nacionalismo para tapar a insatisfacción
Comentarios