sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Non podo respirar

CONVERTEUSE en lema das protestas por alegórico. "Non podo respirar", laiábase o home que pasou máis de sete minutos cun xeonllo dun policía apertando a súa gorxa contra o chan. A George Floyd faltáballe o aire, o mínimo necesario para respirar nunha sociedade de gran desigualdade. Da diferenciación entre etnias, do racismo imperante en EE.UU., non é responsable Trump, é endémico do sistema. Aínda que o presidente se volveu diana do descontento porque se pode ver como a representación da supremacía branca, porque soen ser negras as vítimas da brutalidade policial. Realmente trátase de atopar xustiza ante un conflito racial que agacha as diferenzas por cor de pel, o que conleva habitualmente desigualdade económica, nun círculo vicioso. Porque esa é a cuestión, a aporofobia, tamén aquí, porque se fomenta en sectores o odio ao estranxeiro cando en verdade é ao inmigrante pobre, contrapunto de Messi, Shakira ou o xeque Al Sheikh; a eses non.

Non podo respirar
Comentarios