martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

Nos pactos todos ceden, se queren acordo

NOS PAÍSES con sistemas proporcionais para elixir representantes é habitual a política de pacto, imprescindible nas máis das veces. España e excepción, pois aínda que non se optou polo presidencialismo, o bipartidismo non facía necesarias unións. Pero niso chegaron novos partidos, a situación mudou e a estabilidade só se consegue (se se logra) con acordos, incluso a varias bandas. E non só no Congreso, senón tamén nas cámaras autonómicas e nos concellos.

Hai catro anos case non houbo problemas de entendemento, pero desta alianzas que se consideraban seguras, como as tres dereitas en parlamentos e municipios e de PSOE-Podemos nas Cortes, torcéronse porque, claro, todos prefiren gobernar sós ou con cantos menos mellor. Cs quere que Vox lle dea os votos, pero sen compromiso, e os socialistas ansían o apoio de Podemos pero sen repartir poder con el. Pois así vai ser difícil, porque nos pactos todos ceden. Senón é que non queren.

Nos pactos todos ceden, se queren acordo
Comentarios