Opinión

O risco de esmorecer como UCD

DE MOMENTO é só un cambio electoral na dereita, pero se o PP se desfonda pode producirse un transvase de cadros similar ao que aconteceu a principios dos 80 do século pasado con UCD, ata que esmoreceu. Daquela, AP conseguiu aglutinar practicamente todo o espectro do centro ao extremo e consolidouno na década seguinte Aznar xa co PP. No proceso de absorción do centrismo, primeiro acaparou o que enleara Suárez (algo mínimo optou polo PSOE ou por algunha outra formación) e logo fixo o mesmo con partidos nados da extinta UCD como Coalición Galega. Daquilo só queda como continuador Coalición Canaria. Pois agora Ciudadanos está na mesma plataforma que hai case corenta anos se atopaba AP para deglutir os seus rivais de franxa electoral dereita, porque conta con apoio empresarial e mediático como axuda inestimable para o sorpasso, e se iso ocorre, xa será tarde para o PP.

Comentarios