lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

Ordenanza para o civismo

CHAMOUME todo contrariado un amigo para asegurarme que lle daban gañas de ir pegar carteis ás fachadas das sedes dos partidos contrarios a que haxa ordenanza cívica en Lugo, co mesmo engrudo que utilizou o grupo creado ad hoc como contraposición á regulamentación cidadá. Sería incívico, pero igual que agora os que utilizan este sistema para dar a coñecer as súas mensaxes adheridas en lugares inadecuados, como o edificio no que vive, que está cheo de carteis, non só de Lugo sen Mordazas, e dá unha sensación de desorde. Ademais, cóntame meu amigo que tampouco descarta levar o seu can mexar á porta destes partidos, contrarios a que se regule a coexistencia. A falta de norma permite tamén que os gorriñas sigan extorsionando no Hula. Certo que algúns aspectos da ordenanza podían ser esaxerados e necesitarían matización, ou directamente supresión, pero outros axudarían a mellorar a convivencia, di meu amigo, e non lle falta razón.

Ordenanza para o civismo
Comentarios