domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Os órganos xudiciais, en funcións

DENTRO de nada cumpriranse dous anos da caducidade dos membros do Consejo General do Poder Judicial e un desde que pasou o tempo fixado para catro xuíces do Tribunal Constitucional. E non se albisca un horizonte que sele a renovación, contemplada na Carta Magna pero ultimamente poucas veces respectada. E todo porque se necesita un acordo dos dous principais partidos, imprescindibles para unha maioría cualificada dos tres quintos do Congreso, isto é, 210 deputados. Casado nin sequera quere iniciar negociacións que deberían reflectir nos órganos xudiciais o novo reparto segundo a tendencia política das Cortes, distinta á actual maioría popular no CGPJ alcanzada cando gobernaba Rajoy de 11 membros propostos polo PP, sete polo PSOE, 1 por IU e outro polo PNV. Esta politización da cúpula do poder xudicial e no TC está fixada na norma básica acordada hai 45 anos, pero desta volta non hai visos de pacto, aínda que sexa menor.

Os órganos xudiciais, en funcións
Comentarios