viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Pacto de gañadores para un desaloxo

É BEN VERDADE que, como dicía Machado, non hai mal que cen anos dure nin goberno que perdure. E logo de case catro décadas todo parece indicar que o PSOE deixará de gobernar Andalucía. Será, si, un pacto de perdedores, como eles mesmos (PP e Cs) din cando se refiren ao cambio na Moncloa e antes nos acordos bipartitos (Galicia) ou pentapartitos (Baleares e outros). Porque estas eleccións evidencian o tantas outras veces demostrado, que gañar non é quedar primeiro, senón ter os votos precisos que permitan gobernar, e curiosamente o PP pode ter a presidencia andaluza cuns dos seus peores resultados. En 2012 quedara primeiro con 50 deputados e seguiu na oposición, e agora con 26 (igual número que en 1990) suma con Cs e Vox (os tres gañadores) para entrar no palacio de San Telmo. Se é así, deixará (ou debería) o argumentario de que ten que gobernar o que obteña un voto máis e que non se ha pactar con amigos perigosos, se van da man da extrema dereita.

Pacto de gañadores para un desaloxo
Comentarios