viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Pactos ao non elixir alcaldes os cidadáns

É INEVITABLE, cada vez que hai eleccións é necesario recordalle aos cidadáns (os políticos sábeno pero miran para outro lado por interese partidista) que non é o mesmo quedar primeiro que gañar. Que llo digan a Susana Díaz, cando as tres dereitas pactaron en Andalucía, ou a Carmena, que abandona a pesar de encabezar a formación máis votada, á inversa do que pasara hai catro anos con Esperanza Aguirre.

O domingo non se elixiron alcaldes, decidíronse concelleiros, que agora son os que determinen o rexedor. Igual que no 28-A se optou por deputados, que nunha sesión plenaria proclamarán presidente, que non ten por que ser o do partido con máis escanos. E neste escenario, o PP ten difícil gobernar en A Coruña, Lugo ou Ferrol. Quedará así claro que non gañou as eleccións. Pero incluso hai concellos máis enrevesados, como Barcelona, onde para que non goberne ERC edís de Cs poden votar para que Colau siga como alcaldesa. É o mundo do pacto.
 

Pactos ao non elixir alcaldes os cidadáns
Comentarios