jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Pagámolo todos

ATA UN negacionista como Trump admite xa que pode haber cambio climático logo de pregoar que iso era un «invento chinés». Pero o que non recoñece de momento é que se debe á actuación humana. Aínda así, os máis recalcitrantes inimigos de aceptar que algo está cambiando, líderes mundiais algúns deles de países estandartes do capitalismo salvaxe, non participan da contenda por frear a degradación do planeta. O Goberno español, se supón que sen intencións perversas, pretende colaborar contra a contaminación gravando o gasóleo, cando cientificamente non está unanimemente recoñecido que sexa peor que a gasolina, e deste xeito encarécese de forma considerable incluso antes de que se aplique a subida fiscal. Certo que dalgún lugar hai que sacar os tributos que compensen os incrementos de gasto noutros conceptos, pero este repercute directamente na clase media, en vez de na máis poderosa, a que mellorou cifras durante a crise.

Pagámolo todos
Comentarios