viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Un país aínda invertebrado un século despois

POUCO despois de que Adif anunciara que sacaba a licitación a redacción do proxecto da nova estación de tren de Lugo, Sabela Corbelle preguntábase na súa sección Historias que foi do Central Gallego, unha iniciativa que hai un século ía vertebrar a Galicia interior, de Ribadeo a Pontevedra. A liña férrea aprobárase, pero esvaeuse no ministerio, igual que o proxecto de saída por ferrocarril da produción mineira de León e Asturias cara o mar pola provincia. Como tantas outras aspiracións, quedaron en nada. Nos últimos anos vendeuse o Ave como panacea, como se a solución fose comunicarse con Madrid, que tamén, pero o inescusable é a interrelación das principais cidades galegas, deficiente ou inexistente a excepción do eixo atlántico e o sur da comunidade, unha ele en vez dun necesario cadrado con trazo interior Lugo-Santiago. Non se deseñou pensando en Galicia, senón na súa saída, e só pola Meseta, nin sequera a xeito polo Cantábrico. Mágoa.

Un país aínda invertebrado un século despois
Comentarios