viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Perdóns

COMO lle saíu ben ao daquela rei Xoán Carlos cando pediu perdón logo de sufrir un accidente mentres participaba nun custoso safari para cazar elefantes en Botswana ao tempo que o país sufría unha profunda crise económica, parece que outros representantes públicos que cometeron irregularidades, delitos ou equivocacións recorren ao mesmo sistema para atenuar o oprobio público. O exvicepresidente Rodrigo Rato descúlpase diante da sociedade ao momento de entrar na cadea por apropiación indebida coas tarxetas opacas de Bankia, igual que o presidente do Tribunal Supremo polo caos hipotecario. Son xestos insólitos da máis alta instancia xudicial, de quen ostentou un poder case omnímodo e de quen como rei era inviolable, isto é, inmune a calquera barbaridade que puidese cometer tanto na vida pública como privada, e poden permitir que os protagonistas se reconcilien coa cidadanía, pero os desacertos convértense en golpes para o Estado.

Perdóns
Comentarios