domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Permitido o insulto

XA NON son casos illados. Alá onde van reciben apupos. De grupos reducidos nas máis das veces, si, pero esta nova normalidade non di moito a favor desta España crispada, e non só polo Covid, pois o cultivo xa viña de atrás. Os nosos representantes son insultados se pisan a rúa, e incluso outros dentro das súas casas. O malo é que algúns destes acontecementos son inspirados por rivais como xeito de amedrentamento, fóra da loita política lícita. Ninguén se libra.

Non hai moito en Lugo dirixentes de Vox foron increpados nunha terraza; nin cear tranquilos puideron. En Huelva deostaron o presidente do Goberno á saída dunha igrexa, unha desconsideración que retrata aos que ultraxan máis que a vítima da agresión verbal. O vicepresidente e a súa compañeira ministra nin sequera puideron acabar as súas vacacións en Asturias pola opresión sufrida. Unha cousa é protestar e outra perder o respecto, unha involución que pouco di a favor desta política nosa.

Permitido o insulto
Comentarios