Opinión

Política de empurróns

TANTO se toca xestión como estar na oposición practícase demasiado a política do empurrón, radicalidade enfrontada á moderación que a maioría practica, pero ese impulso violento a pesar de non producirse fisicamente soe transcender máis que as decisións sosegadas. Hai xa ben tempo que quen fora alcalde socialista dunha capital catalá alertaba de que o PSC se volvería independentista se o empuxaban. Non atinou de todo, quizais porque non houbo un impulso suficiente, pero escisións houbo cara o campo soberanista. Agora tanto o PP como Ciudadanos lanzan ao PSOE cara ERC para a súa investidura co único afán de seguilo criticando polos coqueteos co secesionismo, unha insistencia con escaso rédito. Esta obstinada reprobación non tivo a utilidade que agardaban a teor dos resultados electorais socialistas tanto nas xerais como nas autonómicas e municipais, o que amosa que a política do empurrón non dá máis que desgusto a quen o practica.

Comentarios