miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Pouco que festexar

NESTE DÍA da saúde, porque así o considerarán os que non resulten agraciados pola lotería, pouco podemos celebrar. E non me refiro ao sorteo máis importante do ano, nin á situación da sanidade pública, senón á xeral do país, con mostras de extenuación da economía logo duns anos, tres, con síntomas de melloría na saída da brutal crise que azoutou a practicamente todo o que non fora unha gran fortuna. E politicamente a debilidade aínda é maior, cun Goberno inconsistente que pode defender algo e o contrario no mesmo día e unha oposición virada cara o extremo que busca máis o impacto que a efectividade para atraerse electoralmente o groso da parte dereita cunha pelexa a tres para rivalizar en agresividade. E sobre Cataluña pouco se rexenerou a pesar do cambio na xefatura do Executivo, quizais menos estridencia, pero nulo avance; consumo de enerxías nunha batalla equivocada. A ver se toca a lotería, porque do resto pouco hai que festexar.

Pouco que festexar
Comentarios