Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Un presidente provocador

NO SEU unilateralismo radical —imposición dos intereses e principios contra todos os esforzos por democratizar as relacións internacionais— o presidente estadounidense toma decisións rovocadoras que pouco aportan ao seu país. Porque o traslado da embaixada de Tel Aviv a Jerusalén non ten máis interese que amosar o seu apoio a Israel no mesmo grao que o desprezo a Palestina, sabedor  e que subleva a Gaza e Cisxordania o aniversario da proclamación de Israel e dificulta aínda máis o achegamento nun conflito de sete décadas. E fai valer a súa posición de forza na Onu para que non se investigue o baño de sangue na Franxa, onde morreron desde bebés ata poliamputados que dificilmente significarían un perigo para Israel, que recorre a francotiradores para acalar as protestas. Aos amigos permíteselles matar impunemente e aos inimigos nin queixarse. O unilateralismo é o que ten.

Un presidente provocador
Comentarios