domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Na procura dun 25 de xullo unitario

En Galicia collen todos, pero corenta anos despois de que se declarara o 25 de xullo como Día Nacional aínda non se conseguiu que fose unitario. Daquela, xa un coñecido xornalista alertaba da importancia da unidade cando os nacionalistas galegos por un lado e case todos os demais menos AP por outro (UCD, PSOE, PCG, POG e ata sindicatos como CC.OO. E UGT) celebraban a xornada por separado, como se a data non fose capaz de arreconchegar. Agora tampouco, aínda que por primeira vez vaian catro décadas ininterrompidas, que debería ser tempo suficiente para a aproximación nunha sensibilidade, aínda que cada un conservara os seus matices. Estase a meses de cumprir un século desde que a asemblea das Irmandades da Fala decidira conmemorar esta data, truncada nas ditaduras de Primo de Rivera e Franco, pero presente sempre nalgúns sectores que non a deixaron esmorecer pero non lograron conxuntar nun sentimento de identidade.

Na procura dun 25 de xullo unitario
Comentarios