Opinión

Racismo agochado tras tanta falacia

ESTOU ESPANTADO pola onda racista e fascista que asola este país. Vexo con estupor que polas redes sociais circulan centos de mensaxes xenófobos con mensaxe de repulsa aos inmigrantes, ao xeito do lema de Trump co que gañou as eleccións de "American first". Pois aquí igual, que vivan os españois, din, e os demais que morran no Mediterráneo ou que vaian para outros países, que non veñan amolar, que só veñen pola sopa boba. No seu supremacismo patrio non se dan conta de que necesitamos inmigrantes, Galicia sobre todo. Nesta comunidade é preciso compensar polo menos os 66.000 mozos que se foron nos últimos catro anos. Os inmigrantes aportan o dobre do que reciben, en contra da crenza que os cualifica de aproveitados parasitos dos servizos sociais; principalmente porque a inmensa maioría son novos, sans e dispostos a traballar. Moito racismo se agacha detrás de tanta falacia.

Comentarios