viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Ratificar é o peor que pode pasar

Cando un adestrador é ratificado por unha directiva, pouco futuro ten no club. De feito, acostuma ocorrer que na seguinte derrota se prescinda del. Saíu o secretario xeral do PP o día seguinte á contenda electoral a incidir en que Casado será o líder do principal partido da oposición durante catro anos, o que está dentro do seu cometido como número dous, pero soa a que se acontece un novo retroceso na cita coas urnas do 26 de maio non haberá forma posible de manterse á fronte do partido. Porque retroceder tres millóns e medio de votos e 71 deputados é unha labazada como as que non se recordan, por moito que se apele á división da dereita en tres, que algo terá feito Casado por iso en vez de aglutinar. E así volve saír a debate a figura de Feijóo, pois aínda que en Galicia o PP tamén sufriu unha dura derrota, a primeira desde que ocupa o espazo que deixou a extinta UCD, e só resiste por pouco en Lugo e Ourense, considérase que a responsabilidade é do líder estatal, non do autonómico. Hai mar de fondo e ameaza arborado.

Ratificar é o peor que pode pasar
Comentarios