miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

Recentralizar co efecto Cataluña

PUIDERA PARECER que quen estea capitalizando electoralmente o asunto catalán sexa o PP, pero non, é Ciudadanos, o primeiro en defender a aplicación do 155 e prolongalo para desactivar o soberanismo e apartalo do poder nas urnas, algo que só conseguira o PSC con Maragall e que agora semella difícil. Non é un xiro á dereita en España, trátase dun reacomodo conservador-liberal, no que o partido mellor parado é o de Rivera, ideoloxicamente máis extremista que o de Rajoy.

Só como paradigma, Aznar ten máis simpatía agora con Cs que co refundado por el. O neocentralismo está mellor representado polos laranxas que polos azuis: recuperación de competencias, sobre todo en educación; monolingüismo castelán, ou nacionalismo estatal, pois como se pregunta retoricamente Enric Juliana, quen enarbora a bandeira de España máis grande nun país de balcóns engalanados? Rivera, sen dúbida.

Recentralizar co efecto Cataluña
Comentarios