Opinión

Recordos, poucos

NON SIGO tan polo miúdo o xuízo do procés como Gerard Piqué, que aínda reclama máis atención aos medios de comunicación sobre as sesións que se celebran no Tribunal Supremo, pero nas xornadas que se levan de testificais transcendeu sobre todo o pouco que decidiron os principais representantes gobernamentais o día do referendo. De feito unha das palabras utilizadas en ben ocasións polo ex-ministro do Interior Zoido cando lle preguntaban foi "descoñezo", en referencia á actuación das forzas e corpos de seguridade do Estado. Tampouco recordaba con nitidez Rajoy o que pasou non só aquel día senón durante todo o proceso, por moito que o presionaran para que fose claro nas respostas, incluso o presidente do tribunal; ata que chegou Urkullu e con precisión explicou o seu papel e mailo do ex-presidente español. Amnesia parcial tamén sufriu Soraya Sáenz de Santamaría. Parece como se quen tiña que tomar as decisións se decatara pola prensa.

Comentarios