Opinión

Réditos políticos

PRETENDÍAN ser selectivos, pero ao final súmanse grupos que os amolan, e non só Vox. PP e Ciudadanos, ansiosos por amosar a súa fortaleza na rúa, pretenden forzar a Pedro Sánchez a convocar eleccións, pero corren o risco de que a extrema dereita acapare protagonismo (e non só hoxe) a pesar da decisión de que ningún líder pronuncie un discurso e que as bandeiras partidistas sexan substituídas pola española. Pero os ultranacionalistas tamén están, posiblemente cos seus estandartes anticonstitucionais, por moito que lles pese a PP e Cs, incómodos con eles, sobre todo os segundos.

Falange, Democracia Nacional, España 2000, Hogar Social ou Alternativa Española, grupúsculos, si, pero incómodos ao secundar coa súa presenza a concentración unitarista aínda que rachara o diálogo entre o Goberno e os independentistas cataláns. O PP, secundado por Cs, cambia a oposición dialéctica, incendiaria ás veces, pola rúa, e do seu impulso poden outros sacar proveito.

Comentarios