Opinión

De rexeitar a aceptar, agora o feminismo

OCORREU co divorcio, que nun principio atopou un duro rexeitamento conservador para logo aceptar a lei. Máis tarde sucedeu co aborto, aínda que aquí de cando en vez se produce algunha reacción contraria que se esvaece ao non atopar a maioría social que busca. E co matrimonio homosexual, rexeitado de plano, pero aproveitado incluso por algúns militantes para normalizar a súa situación familiar. E pola galla liberal, tamén se aceptaron servizos sociais que ideoloxicamente rexeitaban, pero politicamente admiten. Agora está neste proceso de tránsito do repudio á aceptación o feminismo. O PP desta volta participará no 8-M, porque como xustificou a responsable popular da área social, "as cousas van evolucionando e a iso é o que responde a decisión de acudir" á manifestación, por moito que dentro do partido siga habendo discrepancias, como a de Álvarez de Toledo, pero a liña xa é outra, a aceptación do feminismo, ou sexa, da igualdade home-muller.

Comentarios