viernes. 30.10.2020 |
El tiempo
viernes. 30.10.2020
El tiempo

O risco de xeneralizar

Madrileños e cataláns non poderán ir a outra comunidade ata finais de mes. Este correcto título nun xornal de Barcelona, que podería ser en calquera outro, reflicte os problemas que manteñen estas autonomías co Covid-19. Pero aínda que legalmente non poden franquear os seus límites territoriais, sabemos que desde hai días miles de persoas procedentes doutros lugares da Península, maioritariamente de Madrid, espalláronse por España, sobre todo a lugares costeiros, e deste xeito córrese o risco de provocar animadversión, como ocorreu cos residentes no outro esquinazo peninsular aínda que por motivos ben diferentes, en vez de por vir, por querer irse. Estase empezando a estigmatizar ao madrileño na costa, na galega tamén, pola reconversión de turista en delincuente, por non manter as normas ao carecer da paciencia suficiente uns días máis. E iso, ao contrario cá unidade que piden, pode ocasionar aversión, pola facilidade para xeneralizar.

O risco de xeneralizar
Comentarios