Opinión

Seica a culpa é de Rajoy

HOUBO un tempo no que a culpa sempre era de Zapatero. Todos os males do país, incluso a derrota dun equipo de fútbol ou a friaxe invernal, eran responsabilidade do presidente do Goberno, ata bastante tempo despois de deixar a Moncloa. Pois agora resulta que o causante de todo mal último, sobre todo do PP, foi Rajoy, segundo os novos dirixentes populares. Fan leña del lonxe de afrontar con autocrítica terse escorado á dereita, algo que implicitamente recoñecen ao virar cara o centro, se o lema creado para as eleccións do 26-M non é só unha pose, ‘Centrados no futuro’. Non recibiron con agrado os españois tanta radicalidade en Casado, que pretende encauzar o seu liderado cun cambio de estratexia, con ataques aos seus socios de Goberno en Andalucía; pero non vaia ser que os votantes tampouco gusten de tanta reviravolta. De entrada, algúns dos seus candidatos prefiren facer campaña persoal e borrar os símbolos do partido, porque temen que sexa unha rémora.

Comentarios