sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Sube a política do improperio

ESTAMOS entrando nunha deriva perigosa -"a por eles", "golpistas", "fascistas", nunha escalada de confrontación entre as dúas Españas que semellaba superada-. O insulto campa en parlamentos e outras institucións que deberían ser lugar de concordia e diplomacia, que iso é a política, pero que se converten en lameiros nos que embulleirar os rivais. Os representantes públicos de case todos os partidos soben o ton como se iso quixeran os cidadáns -é posible que moitos si- e nesa carreira por destacar na ultraxe chégase a ofensas como "desequilibrado", que lle largou un dirixente a un presidente autonómico; "golfos", que lle espetou outro líder aos seus antagonistas, ou "puta barata", improperio dun alcalde a unha adversaria. Son pequenos exemplos inadmisibles, pero sucederon e todo indica que non serán os últimos de afrenta grosa, incluso en sede institucional. E o peor é que non son invectivas persoais, senón apoiadas polos partidos. Mal imos.

Sube a política do improperio
Comentarios