viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Todos nacionalistas

SERÁ QUE o independentismo catalán empurrou algúns partidos, pero nestas eleccións amosan, case todos, o seu nacionalismo. Incluso o PSOE, que nun vídeo polo seu 140 aniversario se declara internacionalista, fai gala de patriotismo no lema para as eleccións do 10-N. 'Agora España', proclama, como plaxio dun movemento homónimo que apoia á fundación Francisco Franco. No PP era de agardar, porque leva o nacionalismo español implícito.

'España' é a súa resposta nun slogan de precampaña no que se preguntaba 'esquerda ou dereita?'. Ciudadanos copia o nome do partido do presidente francés para reivindicar o seu nacionalismo. ‘España en marcha’, pregoa de cara ás eleccións de dentro dun mes. E como non podía ser doutro xeito para unha formación ultranacionalista, Vox anunciou que desta volta o seu lema será 'España sempre'. Así, nesta campaña todos apelan ao emocional en vez do racional, ao nacionalismo español fronte ao risco de ruptura.

Todos nacionalistas