martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Todos queren eleccións, pois haberá que ir

SE QUEREN novas eleccións, pois vaiamos a eleccións, aínda a risco de que a situación non diste unha barbaridade da actual de bloqueo. Parece claro que o PSOE é partidario de volver ás urnas porque non está disposto a compartir poder. Ve nelas a posibilidade de eliminar competidores e gobernar máis comodamente. O PP, o máis esforzado da oposición en exteriorizar a necesidade de que o Goberno deixe de estar en funcións a pesar de non colaborar para iso dun xeito similar ao que algúns deputados socialistas fixeran con Rajoy, entendería estes novos comicios como oportunidade de desapegarse do seu principal rival da dereita e incluso de chegar á Moncloa. Ciudadanos, que ata agora non parecía moi interesado, xa está en modo electoral: "Sería unha segunda oportunidade para botar a Sánchez", enfatizou Rivera. E Podemos tampouco o desdeña, pois senón tragaría coa oferta do PSOE. A día de hoxe, é unha obviedade, todo apunta a eleccións.

Todos queren eleccións, pois haberá que ir
Comentarios