Opinión

Un xesto entre 350

É UNHA ACTITUDE que o magnifica ao tempo que empequenece os 349 restantes. Non se trata de que así se solucione a crise económica herdanza da sanitaria, pero a decisión de Odón Elorza de prescindir mentres estivo confinado das dietas que como deputado lle correspondían serve para a reconciliación do político coa cidadanía cando o comportamento dos nosos representantes segue estando entre os principais problemas que senten os españois, o cuarto segundo o último CIS, tras os económicos e de saúde. Pero máis que a conduta de cadaquén nesta pandemia que salvo excepcións en nada favorece aos políticos para recuperar confianza, o que máis subleva son as cantidades mensuais a repartir como plus, preto de mil euros para os de Madrid e o dobre para o resto, sobresoldo difícil de explicar, cando o lóxico sería aboalo á volta de factura por gasto. Ás veces un xesto serve máis que centos de decisións. E aquí perderon unha boa oportunidade.

Comentarios