domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Unha data rebelde

NON É TRIVIAL que o Tribunal Supremo no auto que suspende a exhumación dos restos de Franco considere que foi xefe de Estado desde que se autoproclamou, pois deste xeito convalida os sublevados incluso antes de que gañaran a guerra case tres anos despois. Seguro que os cinco maxistrados que tomaron a decisión coñecen a historia de España o suficiente como para que esta data non sexa un erro involuntario. Ademais, se quixeran terían doado evitala cun redondeo en décadas para incidir en que Franco pasou un prolongado tempo no poder en vez de reflectir o primeiro de outubro de 1936, día no que se oficializou na Capitanía Xeral de Burgos a decisión tomada uns días antes pola Junta de Defensa Nacional. Acepta así o Supremo como lexítimo o nomeamento de Franco á fronte dun Estado inexistente por parte dos militares que dirixiron o golpe armado contra a legalidade da Constitución de 1931. Todo para xustificar o seu rexeitamento á exhumación.

Unha data rebelde